Tódalas novas

A Fundación Castelao participou nos  Actos Castelao 2024 en Rianxo

A Fundación Castelao participou nos Actos Castelao 2024 en Rianxo

O mes de xaneiro é o mes de Castelao e, como vén sendo habitual, o seu concello natal, Rianxo, celebra nestas datas os Actos Castelao, na súa honra e homenaxe, e na que sempre estamos encantados de colaborar.  

A Fundación Castelao participou en diversos actividades na programación dos Actos Castelao 2024. Así ben, o sábado 20 de xaneiro, tivo lugar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo (salón actos 1º andar), a charla coloquio: “Castelao na prensa”, a cargo de Miguel Anxo Seixas Seoane, Presidente da Fundación Castelao; acompañado por Julián Bustelo, alcalde do concello de Rianxo. 

Durante o relatorio, Seixas fixo fincapé en que Castelao valeuse da prensa de Galicia con debuxos de humor e textos literarios con ecos na prensa da colectividade galega para prestixiar unha lingua, unha cultura e a un pobo, é dicir, comunicouse co seu pobo a través da prensa. Ademais, para abrir e pechar dita conferencia, Noelia Gómez e Rui Grenha musicaron textos da obra Cousas, de Castelao, nos que está presente Rianxo, o pobo mariñeiro, os naufraxios, a dor e a celebración tras a morte. 

Ofrenda floral 

Por outra banda, como cada ano, a Fundación Castelao asistiu a Rianxo para colocar o ramo de flores no busto do Paseo da Ribeira, conmemorando a data de nacemento do rianxeiro, o 29 de xaneiro de 1886. O presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas, acompañado do alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, depositaron a ofrenda floral no busto de Castelao, ao carón do mar, baixo a intervención musical da agrupación Río de Anxo. 

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección e deseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana