Castelao humorista gráfico

Co humorismo gráfico na prensa convértese na conciencia de Galicia. A xente le, comenta e recorta eses debuxos nos xornais nos que publica: Galicia moza, El Barbero Municipal, La Voz de Galicia, El Noroeste, A Nosa Terra, El Sol, Galicia, Faro de Vigo... Son as “Cousas de vida”. A súa popularidade decide a súa elección como deputado nacionalista galego nas Cortes, en 1931; foi o máis votado da provincia de Pontevedra.

«Coa punta do meu cativo lapis aguilloarei, canto poida, a conciencia durmiñenta da nosa personalidade, sen medo a nada e menos a naide»
CASTELAO DIXIT
El Barbero Municipal

1910-1914
El Barbero Municipal.
Nesta publicación rexeneracionista, que tentaba influír na vida rianxeira, colaborou Castelao como escritor e como debuxante gráfico. Aquí experimenta a loita política defendendo ao bando do Partido Conservador, o do seu pai Mariano, que se enfronta ás malas artes do Partido Liberal, o da familia Gasset, que se apoderara do distrito electoral de Padrón.

Humorismo

Humorismo, debuxo humorísteco, caricatura.
1920
Conferencia publicada pola Real Academia Galega.

Ese muchacho

1924
—Ese muchacho dicen que sabe muchísimo.
—Si; pero tiene un acento tan gallego!..

Colección Abanca.

Cousas da vida

1924
Cousas da Vida
—O meu neto morre, que xa mo dixo o médico.
—Non fagas caso. Se cho dixese un abogado, aínda...

Colección Abanca.

Cincoenta homes por dez reás

Cincoenta homes por dez reás.
1930
Editorial Nós.
Recopilación de cadriños humorísticos publicados nos xornais.

Colección Xabier Iglesias.

O home que sabe moitas leis

1930
O home que sabe moitas leis para facer moitas trampas.

Publicado en Cincoenta homes por dez reás.

Colección Xabier Iglesias.

Almanaque Faro de Vigo

Almanaque Faro de Vigo / Cousas da Vida
1930
Recopilación de cadriños humorísticos publicados no xornal Faro de Vigo. A Editorial Galaxia comezou a publicar en 1961 seis tomos de cadriños humorísticos de Castelao, reproducidos dos xornais Galicia e Faro de Vigo.

Almanaque Faro de Vigo Cousas da Vida.

1930
— Eso das comisións, dos comités, das comisarías, dos comicios, parecen cousas de comer, non si?

Publicado en
Almanaque Faro de Vigo / Cousas da Vida.