Tódalas novas

Un roteiro na Coruña para lembrar a Castelao

Un roteiro na Coruña para lembrar a Castelao

Onte, 18 de febreiro, con motivo do 75 aniversario do pasamento de Castelao, a Fundación Castelao e a Real Academia Galega de Belas Artes organizaron diferentes actos en A Coruña para rememorar a súa figura cun percorrido por lugares da cidade ligados a súa vida.

Ás 18h tivo lugar a ofrenda Floral diante do monumento a Castelao nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña na que participou Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao e Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes. Logo houbo un roteiro guiado por Miguel Anxo Seixas Seoane baixo o título «Memoria de Castelao na Coruña», Rematamos na sede da Academia Galega de Belas Artes coa conferencia «Castelao: beleza e verdade», que foi impartida polo presidente da Fundación Castelao.

Fotografías da autoría de Xurxo Lobato.

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección e deseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana