Tódalas novas

Sopa

Sopa "Cousas da vida" - Homenaxe de Lucía Freitas a Castelao

O terceiro Agasallo de Bonaval da Fundación Castelao consistiu nun díptico no que se reproduce un debuxo de Castelao titulado "Cousas da vida", publicado en Galicia, diario de Vigo, o 27 de marzo de 1924.

Amais neste díptico vai impresa a receita da sopa "Cousas da vida", unha homenaxe da cociñeira Lucía Freitas a Castelao.

Deste agasallo imprimíronse 150 exemplares numerados en edición limitada sobre cartolina Rives tradition branco común de 320g que van asinados por Lucía Freitas e conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

Acompañamos este galano cunha cunca da artesá Susana Anta.

(Fotografía das cuncas da autoría de Xurxo Lobato).

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección e deseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana