Esta mañá presentamos no Parlamento de Galicia o libro 'O Estatuto de Galiza. Antecedentes e Comentarios' editado polo Parlamento de Galicia e a Fundación Castelao. A obra conta cun estudo introdutorio do noso presidente, Miguel Anxo Seixas Seoane, que destaca “o impresionante e transcendental labor de Castelao para que as cortes republicanas aprobaran o Estatuto de Autonomía de Galiza en México o 9 de novembro de 1945”.