O venres 19 de xullo o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, estivo na Casa de Rosalía, en Padrón, para participar na asemblea fundacional da Asociación de Casas, Museos e Espazos Literarios de Galicia (RELIGA), unha nova ferramenta para poñer en valor o patrimonio literario galego.
Na xuntanza reuníronse representantes das fundacións Rosalía de Castro, Castelao, Uxío Novoneyra, Eduardo Pondal, Otero Pedrayo, Manuel María, Casa da Troia, Vicente Risco, Plácido Castro e Neira Vilas
Grazas por contar con nós!
Política Lingüística da Xunta de Galicia