Tódalas novas

Arquivo: reivindicacións, interpretacións e bibliografía

Arquivo: reivindicacións, interpretacións e bibliografía

A Fundación Castelao conta cun arquivo sobre as reivindicacións e interpretacións (e as manipulacións) que se fixeron e se seguen a facer da figura e da obra de Castelao.

O traballo de investigación levado a cabo pola Fundación Castelao tenta recompilar a vixencia da figura de Castelao convertido en símbolo en diversos soportes.

Ademais estase a recompilar a bibliografía pasiva e activa: a Bibliografía retrospectiva, é todo o que Castelao escribiu e publicou durante toda a súa vida. O segundo fondo é a Bibliografía en curso, a recompilación do que se publicou sobre el e que continúa a se publicar constantemente.

A Fundación Castelao desenvolve esta actividade grazas ao financiamento da Deputación da Coruña (programa FO200).

 

Logotipos: Fundación Castelao, Xunta de Galicia e Deputcaión da Coruña
info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección e deseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana