Tódalas novas

75 cabodano de Castelao

75 cabodano de Castelao

Dende a Fundación Castelao non podemos máis que agradecer a cada unha das persoas que esta mañá vos achegastes ao acto cívico que organizamos, canda o Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego; a participación da Xunta de Galicia, o Parlamento de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Arroupadas e arroupados conmemoramos o 𝟕𝟓 𝐜𝐚𝐛𝐨𝐝𝐚𝐧𝐨 𝐝𝐨 𝐩𝐚𝐬𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚𝐨. “Celebremos a Castelao”, afirmou o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, “porque é o home que nos fixo, que nos fai e que nos fará sempre mellores a todos”.

Agradecemos a todas as institucións a súa presenza e participación no día de hoxe, así como ás músicas que nos amenizaron a xornada, a Asociacion do Traxe Galego, a Flor de Santiago, Pablo Carreño e Xurxo Lobato polas fotografías, e a Lucía Freitas por esa sopa quentiña que tan ben nos sentou nun día de chuvia.

O Ano Castelao tan só acaba de comezar!

Autoría das imaxes:

Da 1 á 7: Pablo Carreño

8 e 9: Xurxo Lobato

10: Fundación Castelao

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección e deseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana