Tódalas novas

Presentación de Tras os pasos de Castelao na Bretaña.

Presentación de Tras os pasos de Castelao na Bretaña.

Santiago de Compostela. 14 de abril de 2026.

Esta tarde, o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane asisitiu en Compostela á presentación do libro "Tras os pasos de Castelao na Bretaña", de Robert Neal Baxter Ford, organizada por @breizhgaliza no Vide Vide da Rúa da Fonte de Santo Antonio.

O libro trilingue bretón, francés, galego pretende dar a coñecer na Bretaña Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a súa querenza por esta nación irmá, así como ofrecer un percorrido pola Bretaña a través dos debuxos orixinais da obra "As cruces de pedra na Bretaña".

[ A difusión e participación nesta actividade por parte da Fundación Castelao conta co apoio da área de cultura da Deputación da Coruña ].

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección e deseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana