Tódalas novas

Monumento homenaxe á familia Castelao na Estrada.

Monumento homenaxe á familia Castelao na Estrada.

A Estrada. 28 de xuño de 2026.

Na tarde de onte, 28 de xuño, inaugurouse na vila da Estrada o monumento en homenaxe á familia Castelao, obra o escutor @acisclo_novo

O conxunto escultórico, que inmortaliza a Virxinia, Alfonso Daniel e ao fillp de ambos, Xesús Alfonso "Chucho" pon o foco no eido persoal, no amor da familia, alén da importancia cultural e política de Castelao e Pereira.

O presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, interviu no acto institucional, que estivo encabezado polo alcalde estradense e ao que asistiron Noni Araújo (amiga de Virxinia), o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; Suso Domínguez como representante da Editorial Galaxia, os reponsables do Partido Galeguista, o director xeral da Lingua, Valentín García; familiares de Virxinia Pereira ou herdeiros dos dereitos da obra de Castelao, entre outros persoeiros e un bo número de veciños.

Unha tarde para o recordo. ✨🤍🩵

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección e deseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana