Sábado, 24 de xaneiro.
20.00h Local Social de Toxos e Froles de Ferrol.
Acto de conmemoración dos 111 anos da publicación dos primeiros estatutos. Festa fundacional.
Conferencia: Cousa de Castelao, da man de Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao
Música co cuarteto ANSUIÑAS !
Un día especial e emotivo para o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol que celebraban 111 anos historia, 111 anos, nin máis nin menos da creación dos seus estatutos.
Na celebración estivo impartindo unha conferencia Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao e biógrafo do autor rianxeiro, protagonista da exposición que a agrupación inaugurou onte no seu local da rúa Madalena para conmemorar o 75 cabodano.
Gozouse moito, ademais, da actuación do cuarteto Ausiña que puxo o adovío musical á efeméride.
Os nosos parabéns a Toxos e Froles por 111 anos de vida. 🤍🩵✨
[ A participación e a disfusión desta actividade por parte da Fundación Castelao conta co apoio da área de cultura da Deputación da Coruña ]