Hoxe, o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, impartiu no IES de Salvaterra de Miño unha conferencia arredor da figura de Castelao para o alumnado de 2° de bacharelato. Foi unha oportunidade fantástica para seguir espallando e compartindo saberes e coñecemento sobre o ilustre rianxeiro, pero é que ademais foi unha delicia e una ledicia comprobar que nos centros de ensino se fai un labor tan concienzudo e con tanto respecto para manter viva a nosa memoria como pobo. Desde aquí, a nosa gratitude e os parabéns a toda a equipa da biblioteca do centro, en particular ao seu coordinador, o profesor de Historia, Diego González.
Salvateterra de Miño. 14 de Xaneiro de 2026.