Tódalas novas

Castelao en Pontevedra. 1916-1926.

Castelao en Pontevedra. 1916-1926.

No día de onte, o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane estivo no Museo de Pontevedra con Miguel Pérez Ramudo ( @miguelxmig ), autor do libro de banda deseñada "Castelao en Pontevedra (1916-1926)" e que xa está connosco na Fundación por cortesía do artista.

Nas fotografías quedou inmortalizado o momento da entrega.

Moi agradecidas e abraidas polo talento e o saber facer que se desprende de cada unha das páxinas desde libro que, por suposto, recomendamos.

Luns, 19 de xaneiro de 2026

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección e deseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana