Hoxe, 28 de decembro, tivo lugar a #OfrendaMusicalaCastelao no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres. Un acto co que a Fundación Castelao quixo agradecer a todas as institucións e a toda a sociedade civil o esforzo realizado durante este ano para homenaxear, de forma coral, con innumerábeis iniciativas, a un do maiores intelectuais e creadores do país.
Fíxose con música, a das interpretacións do violinista Anxo Gómez Piñeiro co scompañamento da pianista @takebeharuna.
Miguel Anxo Seixas, o presidente da Fundación Castelao, recórdanos que o rianxeiro foi un gran afeccionado á música, tocaba a guitarra e o acordeón, participou da coral pontevedresa Aires da Terra e foi un dos impulsores da Polifónica de Pontevedra hai 100 anos, da que tamén fixo parte Alexandre Bóveda.
No acto, conducido pola poeta Noelia Gómez e ao que asistiu a alcaldesa de Santiago de Compostela Goretti Sanmartín Rei interviron ademais de Miguel Anxo Seixas, presidente da FC, o Secretario da Lingua, Valentín Garcí Gómez e Xose Luis PenasCorral, Deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña.
Sen dúbida, un día para recordar como a gran celebración da memoria da nosa identidade colectiva neste #anocastelao 2025
(Queremos agradecer tamén ao artista David Cuence que nos agasallou co seu traballo nun día tan especial (derradeira foto)).
Fotografías decidas pola Asociación Cultural Flor de Santiago.
[ A difusión (e/ou participación) desta actividade por parte da Fundación Castelao conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña ]