Onte, 6 de novembro no Circo de artesáns da Coruña no marco de actividades que deron comezo o pasado dia 4 de novembro para conmemorar neste #AnoCastelao o 105 aniversario da exposición dos debuxos do autor nesta entidade, tivo lugar a conferencia "De Castelao a Nós" , impartida polo presidente da Fundación castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane.
O Circo de Artesáns elaborou un ambicioso programa que inclúe conferencias, exposición, proxección e unha ofrenda floral no busto en Méndez Núñez.
[ A difusión desta actividade por parte da Fundación Castealo conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña].
Fotografías cedidas pola organización do evento.