No marco do Ano Castelao, o Concello da Coruña e a Fundación Castelao queren salientar a transcendencia do legado deste egrexio persoeiro a través dun percorrido pola sua figura, enxertándoa no seu contexto temporal, a primeira metade do século XX
Durante catro xornadas, espalladas no mes de novembro, contaremos, en cada sesiñón, cun relatorio de apertura de 45 minutos de duración, seguido dunha mesa redonda conformada por tres especialistas que afondarán na figura de Castelao dende perspectivas complementarias, enriquecedoras, particulares ou de opinión sobre o labor de Castelao. Esta mesa redonda iniciarase con tres disertacións de 15-20 minutos, que servirán para abrir o debate.
PROGRAMA:
- 6 de novembro: CASTELAO: A CONSTRUCIÓN DA NACIÓN.
Relatorio:
Henrique Monteagudo
. Mesa redonda:
Ana Romero
Lourenzo Fernández Prieto
Pilar Garcia Negro
Fotografías de Raúl Lorenzo:
- 11 de novembro: CASTELAO: DEMOCRACIA
E REPÚBLICA.
Relatorio:
Emilio Grandío Secane
. Mesa redonda:
Miguel Cabo
Eliseo Fernandez
Marilar Aleixandre
- 12 de novembro: CASTELAO: EXILIO E MEMORIA.
Relatorio:
Xosé Manoel Nuñez Seixas
. Mesa redonda:
Julian Bustelo Abuín
Miguel Anxo Seixas Seoane
Gonzalo Castro
- 19 de novembro: CASTELAO: MODERNIDADE
E CAMBIO NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX.
Relatorio:
Ramón Villares
. Mesa redonda:
Rosario Sarmiento
Xosé A. Fraga
Felipe Senén
- Organizan: Concello da Coruña e Fundación Castelao.
- Lugar de celebración: Casa Museo Casares Quiroga.
- Hora: 18.30h.