Onte, 22 de outubro, tivo lugar no Pazo da cultura de Pontevedra e no marco das xornadas organizadas polo Ateneo de Pontevedra "Castelao 75 aniversario", o espectáculo poético - musical IRMÁN DANIEL, capitaneado pola cantora Uxía Senlle que puxo voz e fixo equipa coas artistas de Malvela, Céu Mar, Mondra, Miriam Rodríguez (nos visuais) e Samuel Merino e Silvia Penas (nos textos e voz). Castelao estivo intensamente presente nun espectáculo emotivo, orgánico, rítimico, ecléctico e de alta calidade.
Fotografías de Cristina Saiz. 🤍❤️🩵