Onte, 18 de decembro, inaugurouse na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, a mostra "Camiño ao Estatuto" unha exposición que afonda no proceso histórico e reivindicativo que levou á consecución do Estatuto de Autonomía de Galicia, a través do legado de Castelao e doutros intelectuais e persoeiros claves da cultura galega. A iniciativa inscríbese na programación impulsada polo Concello da Coruña con motivo da conmemoración do 75.º aniversario do pasamento do intelectual rianxeiro e poderá visitarse de balde ata o vindeiro 6 de xaneiro.
Esta mañá puido visitala o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seone.
#AnoCastelao.
Fotografías de Xurxo Lobato
[ A difusión (e/ou participación) desta actividade por parte da Fundación Castelao conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña ]