Luns 9 de novembro de 2026.
IES Rosalía de Castro. Santiago de Compostela.
«A NOBRE ARTE DE FACER COUSAS. CASTELAO CEN ANOS DESPÓIS » é unha xornada de encontro na que profesionais de diferentes eidos das artes con marca galega, conversarán sobre o Castelao artista e a súa influencia aínda hoxe, cen anos despois de que vise por primeira vez a luz na Imprenta Lar da Coruña o seu COUSAS. Xuntaranse:
- Alba Pardo, artista e docente da EMAO de Vigo falará sobre exposición CASTELAO NA EMAO.
- Miguel Pérez Ramudo, ilustrador, traerá á conversa o proceso de creación da súa obra CASTELAO EN PONTEVEDRA (1916-1936).
- Pola súa banda, a dramaturga Paula Carballaeira compartirá conosco algún dos segredos que se agochan tras a escrita da obra DANIEL NO PEIRAO, que logo tomo corpo na peza teatral CASTEALO NO PEIRAO.
- O artista Inacio Vilariño (Fantoches Baj) amosará parte do seu espectáculo CASTELAO, UN CORAZÓN Á INTEMPERIE
- para rematar o serán coa conversa e a música de Uxía, que interpretará o tema "A Castelao".
O evento, que conta co apoio da Secretaría da Lingua da Xunta de Galicia e será conducido pola poeta Lucía Aldao, terá lugar o luns 9 de novembro ás 17.30h. no Salón de Actos do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, que colabora coa Fundación Castelao cedéndolle o mellor espazo para levar a cabo esta homenaxe no centenario de COUSAS a todas as artistas e/ou entidades que durante o pasado Ano Castelao enxalzaron a arte do ilustre galego por todo o país e fóra das súas fronteiras.
Abrirán o acto o presidentente da FC, Abrirán o acto o presidentente da FC, Miguel Anxo Seixas Seoane, o Secretario da Lingua, Valentín García Gómez e o vicedirector do centro de ensino Miguel Turnes, a quen agradecemos a axuda brindada na organización e a calidade humana.
Entrada de balde ata completar aforo.