Tódalas novas

76° Cabodano Castelao.

76° Cabodano Castelao.

76° cabodano de Castelao na Igrexa do Convento de San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela.

7 de xaneiro de 2026.

Aquí queda, para a memoria e para o futuro, esta escolma de fotografías cedidas pola asociación Flor e Santiago, da cerimonia conducida pola poeta Noelia Gómez e engalanada coa música do artista total Benxamín Otero.

No acto institcional interviron: o presidente da Fundación Castelao, D. Miguel Anxo Seixas Seoane; o presidente da Deputación da Coruña, D. Valentin González Formoso; o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, D. José López Campos; a alcaldesa de Santiago de Compostela, Dna. Goretti Sanmartín Rei; o Delegado de Goberno en Galicia, D. Pedro Blanco Lobeiras e o presidente do Parlamento de Galicia, D. Miguel Ángel Santalices Vieira.

No remate, a ofrenda floral no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, o himno de Galicia interpretado polo artista convidado e cantado a coro polo público e a colación da sopa rianxeira de nércora degustada no claustro do convento, puxeron o lazo a unha xornada memorable.

Grazas, sempre. 🤍🩵✨

#76cabodanodecastelao

Ligazóns a prensa:

[ A difusión (e/ou participación) desta actividade por parte da Fundación Castelao conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña ]

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección e deseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana