Martes 26 de maio.
Emítese en "Seres" da Radio Galega o programa con Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao: "Os debuxos de Castelao sobre a guerra pódense aplicar a calquera conflito actual: polo interese está o mundo ao revés."
Seoane, presidente da @fundacion_castelao, historiador, investigador e unha das voces máis relevantes na divulgación da memoria cultural galega. Natural de Arzúa, é considerado o maior especialista na vida e obra de Castelao, dedicando boa parte da súa traxectoria ao estudo da intelectualidade galega e do exilio. Falaremos de memoria, de identidade e da importancia de coñecer o pasado para entender o presente.
O programa emítese na Radio Galega de luns a xoves ás 00:00h e a calquera hora en A Galega Audio e Únete a nós para escoitar a súa historia.
[A difusión e participación nesta actividade por parte da Fundación Castelao conta co apoio da área de Cultura da Deputación de Pontevedra].