O sábado 4 de marzo estivemos en Fisterra realizando un obradoiro de serigrafía para crianzas a través dos animais na obra de Castelao. Dese xeito, achegamos a obra gráfica do mestre rianxeiro mediante debuxos e estampas. Utilizamos a técnica do gravado e a serigrafía, reproducindo réplicas con debuxos creados polas nenas e nenos. Para rematar, pechamos o obradoiro estampando unha camiseta cunha obra de Castelao in situ, que ao finalizar o taller levaron para a súa casa como agasallo.
A actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña.