O venres 6 de xuño, tivo lugar a inauguración da exposición “Impresións de Castelao en Vigo” na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, unha mostra con máis de 150 pezas que podedes visitar ata o 31 de agosto.
Comisariada por Miguel Anxo Seixas e José Luís Mateo afonda na relación que a obra artística, cultural, intelectual e política do galeguista tivo coa cidade como capital histórica da edición en Galicia con fondos artísticos, editoriais e documentais de coleccións públicas e privadas da cidade.
Miguel Anxo Seixas, presidente da Fundación Castelao, puxo en valor a #Castelao como “símbolo de Galicia” e destacou a presenza e o peso de Vigo na traxectoria do intelectual.
Agradecidas ao Concello de Vigo polo espazo.