Todas las noticias

Castelao na Pampa. Conferencia e visita especial á exposición sobre Castelao na Cidade da Cultura con Miguel Anxo Seixas Seoane.

Castelao na Pampa. Conferencia e visita especial á exposición sobre Castelao na Cidade da Cultura con Miguel Anxo Seixas Seoane.

Conferencia «Castelao na Pampa» e Visita especial á exposición Castelao. Mirar por Galicia, con Miguel Anxo Seixas Seoane.

• Sábado 10 xaneiro | 11:30 horas e 13:00 horas

📍Museo Centro Gaiás

O pasado sábado 10 de febreiro, na véspera da clausura da exposición "Castelao. Mirar por Galicia", tivo lugar, na Cidade da Culutra, uha conferencia centrada na etapa vital de Castelao vencellada á emigración galega na Arxentina, marcada pola marcha do seu pai a este país cando o neno Castelao contaba tan só tres meses de vida. Dez anos pasarían ata que a familia se reunise de novo na Pampa, onde viviron ata o seu regreso a Galcia.

A visita posterior á exposición ofreceu unha visión ampliada do contido da exposición da man dun dos maiores expertos na figura de Castelao, o histiriador e presidente da Fundación Castelao, Migue Anxo Seixas Seoane. Unha oportunidade única de coñecer polo miúdo as influencias e eventos da vida que deron forma ao pensamento político e á obra artística do intelectual, artista e escritor de Rianxo.

[ A difusión (e/ou participación) desta actividade por parte da Fundación Castelao conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña ]

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección y diseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana