Hoxe celebrouse a rolda de prensa na que se presentaron as xornadas "Castelao e o seu tempo", organizadas polo Concello da Coruña e a Fundación Castelao. Ao acto asistiron o Concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro; Emilio Grandío, catedrático da USC e membro do Instituto Cornide; Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta e mais Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao.
Ano Castelao Descubre Castelao Anocastelao 2025