O presidente da Fundación Castelao, D. Miguel Anxo Seixas Seoane, recibía onte, 3 de xullo o seu galardón canda a Dna. Esther Estévez Casado, xornalista e comunicadora e a Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo, premiadas tamén nesta edición do Premio Lois Peña Novo.
O xuri destacou, do labor do presidente desta institución, o compromiso coa promoción da lingua e a identidade do país, así como coa recuperación de figuras clave da nosa historia e pensamento "o que o converte, sen lugar a dúbidas, nun dos nomes imprescindíbeis do noso panorama intelectual".
O acto de entrega dos premios, no que as distintas persoas participantes puxeron de manifesto a importancia de actuar dende diferentes frontes -xurídica, social, comunicativa e historiográfica- para fortalecer o uso e prestixio do galego, tivo lugar no marco incomparable do Castelo de Soutomaior.
Fotografía cedida pola organización do evento.