Todas las noticias

Ano Castelao 2025. Homenaxe a Castelao no Concello de Fornelos de Montes.

Ano Castelao 2025. Homenaxe a Castelao no Concello de Fornelos de Montes.

Esta mañá tivo lugar no Concello de Fornelos de Montes un emotivo encontro arredor do noso (de todas nós e todas vós) #Castelao.

Centos de persoas xuntáronse na Praza de Fornelos de Montes na tarde do 18 de maio de 1931 para asistiren ao mitin de apoio ao Estatuto de Autonomía que contaba coa participación de Castelao e hoxe, 94 anos despois e no 75 aniversario do seu pasamento, no marco do #AnoCastelao, volvémonos congregar alí para renderlle homenaxe nun acto fermoso no que interviu o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane.

Logo da charla sobre Castelao e o seu labor e loita polo Estatuto de Autonomía de Galiza, as poetas Silvia Penas e Samuel Merino ofreceron un recital poético con videocreacións da artista Miriam Rodríguez.

O encontro finalizou coas palabras do Alcalde D. Emiliano Lage e a inauguración dunha Placa Conmemorativa.

Desde a Fundación Castelao queremos agradecer especialmente o convite e o traballo de coordinación do evento a Carmen Carreiro e demais compañeiras do Salón Multiusos que fixeron posible que todo funcionase tal e como a ocasión merecía.

GRAZAS!

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección y diseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana