O pasadado 4 de outubro tivo lugar, no Concello de Mondariz Balneario, o acto de homenaxe a Castelao co saúdo institucional por parte da corporacción municipal e máis descubrimento da praca conmemorativa, obra da artista Eva Casais. Ao seguir, tivo lugar a conferencia do presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, na Sala de Cultura do Concello.
Imaxes cedidas pola organización do evento.