Na tarde do domingo, en Poio, Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao participou na homenaxe a Alexandre Bóveda no marco das actividafes celebradas polo Día de Galicia Mártir
"Ao acto institucional organizado polo Concello de Poio co gaio do Día da Galiza Mártir, acudiron representantes políticos —os alcaldes de Poio e Pontevedra, da Deputación de Pontevedra, da Xunta, a portavoz nacional do BNG, representantes do partido Galeguista...— e de colectivos pola recuperación da memoria histórica así como das fundacións Castelao e Alexandre Bóveda, cos seus presidentes á cabeza, Miguel Anxo Seixas e David Otero, respectivamente".
Fonte do texto citado: La voz de Galicia (19 de agosto)