Todas las noticias

Ano Castelao 2025. Festival artístico en homenaxe a Castelao en Buenos Aires.

Ano Castelao 2025. Festival artístico en homenaxe a Castelao en Buenos Aires.

A colectividade galega en Buenos Aires celebrará este venres 31 de outubro, ás 19:30, un emotivo Festival Artístico en homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura clave da cultura, a política e a identidade galega. O encontro terá lugar no Teatro Castelao (Moreno 2176, CABA) e será unha cita aberta a toda a comunidade.

O acto enmárcase na conmemoración do 75º cabodano e reunirá a distintas institucións galegas da capital arxentina, entre elas o A.B.C. do Partido de Corcubión, o Centro Betanzos, o Centro Cultural del Partido de La Estrada, o Centro Galicia de Buenos Aires, o Centro Gallego de Avellaneda e a Fundación Xeito Novo de Cultura Gallega.

Fonte: Xornal La Región

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección y diseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana