Esta tarde: Exposición: Castelao a través da miña mirada por Frank Farrapos
Apertura: venres 26 de setembro ás 20:00 h.
Desde o 26 de setembro ao 18 de outubro
Horario: o propio do auditorio
Lugar: Sala de exposicións do Auditorio de Rianxo
O artista rianxeiro Frank Farrapos, creador alternativo e de estilo ecléctico, regresa á sala de exposicións para render unha humilde homenaxe a Castelao e á súa obra Cousas da vida. Nesta mostra, leva as pezas ao seu propio terreo, sae da súa liña de confort e reinterpreta as escenas, enchendo de cor e dando vida aos fondos.
Unha cita coa arte diferente, emotiva e chea de identidade.