Comezamos xullo con #Castelao.
Esta mañá o presidente da #FundaciónCastelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, participou no acto ‘Como dicía Castelao’, organizado por Festival Atlántica (Festival Internacional de Narración Oral) e que tivo lugar no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela
"Estamos moi agradecid@s de que se celebre a Castelao por tod@s e para tod@s", salientou, destacando que "todas as propostas para telo a el connosco e para que siga entre nós son para gabar e para apoiar".
O acto está patrocinado pola Xunta de Galicia , a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago (Pazo de Raxoi) coa colaboración do Arcebispado de Santiago de Compostela, o Museo do Pobo Galego e a Fundación Castelao.
Cultura de Galicia
Fotografía de Xurxo Lobato.