Todas las noticias

Ano Castelao 2025. Celebración do Ano Castelao no CC Airiños da Nosa Galicia.

Ano Castelao 2025. Celebración do Ano Castelao no CC Airiños da Nosa Galicia.

O Centro Cultural e Social Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet (Barcelona) celebrou o pasado 25 de abril, coincidindo coa semana de Sant Jordi, o Ano Castelao 2025 cun acto no que se homenaxeou a Castelao nos 75 anos doseu pasamento.

Con grande afluencia de público, no evento inaugurouse a exposición "Castelao 75 anos despois" do caricaturista Siro.

Ademais, o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, fixo un maxistral percorrido histórico de Galicia ata a etapa das Irmandades da fala e de Castelao como Constructor da Nación na conferencia por el impartida.
↪️ Máis de 60 personas se achegaron para escoitalo.

@airinos1983
Moitas grazas pola acollida e polas imaxes!

#FundaciónCastelao
#Castelao #anocastelao #descubrecastelao

Imaxes cedidas pola organización do evento.

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección y diseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana