#CastelaoSemprenaCoruña é un roteiro que esta mañá nos levou polos espazos sinalados da cidade herculina relacionados coa traxectoria vital de Castelao da man do presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane e coa organización do Concello da Coruña.
É de especial mención o feito de que o traxecto foi gravado polo creador Raúl Lorenzo e en breve poderedes percorrelo virtualmente.
Ficade atentas porque iremos contándovolo todo.
Inmortalizou o paseo en fotografías, o amigo Xurxo Lobato