Todas las noticias

Ano Castelao 2025. #Castelao presente no Día de Rosalía.

Ano Castelao 2025. #Castelao presente no Día de Rosalía.

Esta mañá o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, participou no Acto institucional do Día de Rosalía de Castro no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres no que leu o texto redactado por #Castelao en maio de 1949 para enviar ao arcosolio de Rosalía en Bonaval.
Unha placa foi deseñada por Domingos Maza en Bos Aires.
O texto di: "A ROSALIA, que sorreu coas magoas do pobo galego; eisaltou as suas vertudes e cantou as belezas da Terra
HOMENAXE DO CENTRO GALEGO DE BOS AIRES
NO DIA DE GALIZA
ANO 1949"

#RosalíaDeCastro
#FundaciónCastelao
#Castelao
#anocastelao #descubrecastelao

Imaxes, autoría de Xurxo Lobato.

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección y diseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana