Todas las noticias

Ano Castelao 2025.

Ano Castelao 2025. "Castelao na EMAO"

O alumnado da EMAO (ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO) fixo a súa particular homenaxe a Castelao no 75 aniversario do seu pasamento cunha exposición de traballos do alumnado de diferentes especialidades.

Citamos o texto da propia entidade sobre esta mostra:

"Este ano cúmprese o 75 aniversario do falecemento de Alfonso Da Rodriguez Castelao, unha figura imprescindible e transversal na historia de Galicia; e como en tantas institucións, desde a EMAO, nesta exposición queremos renderlie a nosa pequena homenaxe.

Castelao non foi só un artista, escritor e político; foi o intelectual que mellor soubo captar e expresar a esencia do galego, transformándoa nun discurso universal.

Desde as súas caricaturas e debuxos, cargados de denuncia social, ata os seus ensaios e obras literarias, como Sempre en Galiza, o seu traballo foi un constante berro a favor da dignidade, a identidade e a cultura do pobo galego. A súa obra fala de arte e compromiso, de tradición e modernidade, e do sentimento máis profundo da terra cunha ollada aberta ao mundo.

Hoxe, 75 anos despois, a súa obra lémbranos a importancia de defender a nosa lingua e a nosa cultura, de exercer a memoria histórica e de loitar pola xustiza social. O legado de Castelao é a base da identidade contemporánea de Galicia; máis aló do tempo, continúa sendo un referente para entender quen somos e cara a onde queremos ir"

Nome: "Castelao na EMAO"

Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo). Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro Datas: do 20 de xuño ao 17 de outubro de 2025 (agosto pechado)

Horario:

Do 20 de xuño ao 30 de xuño: de luns a venres, laborables, de 19:00h a 21:00h

Do 1 de xullo ao 12 de setembro (agosto pechado): de luns a ve laborables, de 10:30h a 13:30h

Do 15 de setembro ao 17 de outubro: de luns a venres, laborablesz de 19:00h a 21:00h

Comisariado: Alba Pardo, mestra de Serigrafia artística e Rosa Garcia, mestra de Talla e escultura en madeira, coa colaboración do profes Orarlo de Debuxo, Pintura, CAIM Gaita, Moda e confección, Ouriveria, ArteSania en coiro, Deseño e encaixe de palillos e CAIM Zanfona.

Cartaz: Federico Fernández Alonso

Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2025

Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga.

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección y diseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana