Onte, 19 de novembro, tivo lugar na Casa Museo Casares Quiroga, na Coruña, a cuarta e derradeira xornada do ciclo "Castelao e o seu tempo" organizado pola Fundación Castelao e o Concello da Coruña co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
O relatorio, "Castelao: Modernidade e cambio no primeiro terzo do século XX, correu a cargo de Ramón Villares e, ao seguir, tivo lugar a mesa debate na que participaron, tamén, Rosario Sarmiento, Xosé A. Fraga e Felipe Senén.
Fotografías de Raúl Lorenzo.