Todas las noticias

Ano Castelao 2025.

Ano Castelao 2025. "Castelao. Mirar por Galicia".

"Intelixencia artificial, hologramas, videomapping ou realidade virtual combínanse nun relato que nos traslada unha visión anovadora da vida, as achegas e o universo artístico de Castelao, recreado aproveitando o potencial das tecnoloxías de animación 3D e dos motores de intelixencia artificial xerativa.

Encadrada na programación da Xunta de Galicia con motivo da conmemoración en 2025 do Ano Castelao, a exposición conta coa asesoría e dirección histórica de Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao e, posiblemente, o maior especialista na biografía, obra e achegas da súa figura.

A dirección artística corre a cargo de Carlos Seijo, co-fundador do estudio galego Maxina e responsable das animacións e produción dixital desta proposta. Especialista no deseño de efectos visuais, animación 3D, visualización e experiencias inmersivas, conta con máis de 10 anos de experiencia nos que colaborou co Guggenheim de Bilbao ou Netflix, entre outras, ademais de coa Xunta de Galicia en proxectos como Orixes ou Hábitats, ambos no Gaiás".

Desde o 26/6/25 ata o 11/1/26.

Entrada de balde.

Fonte de texto e imaxe: Cidade da Cultura

#anocastelao #descubrecastelao

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección y diseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana