Terceira xornada do Ciclo "Castelao e o seu tempo" na Casa Museo Casares Quiroga. 12 de novembro de 2025.
No día de onte tivo lugar a III xornada do Ciclo "Castelao eo seu tempo". Desta vez, o relatorio que levou por título "Castelao: exilio e memoria" foi impartido por Xosé Manoel Nuñez Seixas e na mesa redonda posterior participaron: Julián Bustelo Abuín, Miguel Anxo Seixas Seoane (presidente da Fundación Castelao) e Gonzalo Castro.
Este ciclo de xornadas organizado pola Fundación Castelao co Concello da Coruña (@cultura.coruna @coruna_gal) conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística (@linguagalega) da @xuntagalicia
e a colaboración do Insitituto de estudos coruñeses José Cornide.
A derradeira xornada terá lugar o vindeiro mércores 19 de novembro na Casa Museo Casares Quiorga ás 18.30h.
Ano Castelao Descubre Castelao
Fotografías de Raúl Lorenzo