Vai rematando o #AnoCastelao e son numerosos aínda os actos nos que a figura do intelectual rianxeiro é posta en valor en todas as súas facetas. Esta mesma mañá, na Cidade da Cultura tivo lugar a presentación dun novo recurso que nos permite que, ademais de ler a obra do intelectual, tamén poidamos escoitala. Trátase dun audiolibro que recolle a narración de dúas das súas creacións máis significativas: 'Retrincos' e 'Un ollo de vidró'.
Na presentación estivo presente o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane.
Podedes gozar dela xa a través da plataforma GALICIA LE. 🤍🩵
[ A difusión (e/ou participación) desta actividade por parte da Fundación Castelao conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña ]