Todas las noticias

Ano Castelao 2025. Vindeiros eventos do mes de outubro.

Ano Castelao 2025. Vindeiros eventos do mes de outubro.

- O sábado 4 de outubro, no Concello de Mondariz Balneario, terá lugar un acto de homenaxe a Castelao con saúdo institucional e máis descubrimento da praca conmemorativa, seguidos dunha conferencia do presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxoi Seixas Seoane ás 19.30 na Sala de Cultura do Concello.

- O domingo 5 de outubro, a ACGB e o Ateneu Roig celebran a primeira Tabernada do Curso.
Será de 11h a 15h no Ateneu Roig (Grácia) baixo o nome de "Castelao e mais Nós"
É #anocastelao e celébrano lembrando a súa figura e pensamento: artista, político, humanista e voz firme pola dignidade dos pobos.

Podes participar como artista convidada enchendo este formulario ou ben participar no micro aberto (previa inscrición no mesmo día do evento no local)
#descubrecastelao

- O xoves 9 de outubro, ás 20.00h no Pazo da Peregrina, Biografía de Castelao presentada por Miguel Anxo Seixas Seoane dentro da programación de Encontros Literarios.

Organiza: Biblioteca Municipal de Ames.

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección y diseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana