O vindeiro venres 31 de xaneiro, o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, participará no faladoiro 'A cerámica celta e “cousas” de Castelao', canda a Fina Diéguez (Fundación Heredeiros de Ramón Diéguez), Alejandro Palicio (investigador) e Elena Vidal Agrasar (artista).
🔹 O acto enmárcase na celebración dos #100anosPontecesures que o Concello de Pontecesures desenvolverá ao longo deste ano cunha serie de faladoiros centrados nos fitos máis importantes da vila ao longo deste período, dando comezo con esta actividade centrada en #Castelao , que tivo unha implicación directa na Cerámica, debuxando, colaborando e incluso modelando algunha peza.
📍 31 de xaneiro
📍 Biblioteca Pública Municipal
📍 20:00 horas
#100anosPontecesures
#FundaciónCastelao
#anocastelao #descubrecastelao