O presidente da #FundaciónCastelao , Miguel Anxo Seixas Seoane, participou, canda a Marcos Calveiro, Henrique Monteagudo e Anxo Lorenzo (director xeral de Cultura da Xunta de Galicia) na 49ª Feira Internacional do Libro de Bos Aires, que se vén realizando dende o pasado 24 de abril e que se dará fin o vindeiro 12 de maio.
En palabras de Miguel Anxo: “Unha conmemoración da presenza en Arxentina do emigrante Castelao de 1896 a 1900 e do exiliado de 1940 a 1950, onde publicou a súa mensaxe política: Sempre en Galiza en 1944”.
⏰ Esta mesma tarde, ás 19 horas (horario de Bos Aires), o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo e o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, inaugurarán unha exposición de Castelao en Buenos Aires: De “Sempre en Galiza” a “Alba de Gloria" xunto co presidente e secretario del Centro Galicia Buenos Aires, unha homenaxe ao intelectual galeguista no marco do #AnoCastelao .
Miguel Anxo Seixas Seoane e Marcos Calveiro, director de Edicións da Editorial Galaxia, acompañarán o percorrido pola exposición.