Todas las noticias

Ano Castelao 2025. Actos Castelao 2025 - Ano Castelao.

Ano Castelao 2025. Actos Castelao 2025 - Ano Castelao.

Mañá, venres 17 de xaneiro, terá lugar a primeira das actividades que organiza o Concello de Rianxo co gallo dos Actos Castelao 2025 - Ano Castelao, que conclúen o sábado 1 de febreiro coa ofrenda floral no Busto de Castelao na que, como cada ano, participa a Fundación Castelao.

#anocastelao #descubrecastelao

XANEIRO

-Venres 17, 20:30. Centro Sociocultural-Auditorio, Sala de exposicións. EXPOSICIÓN: Os Homes, por Castelao, na colección Roberto Taboada, coas intervencións de Roberto Taboada (coleccionista), Pastor Rodríguez Santamaría (Director do Museo do Gravado á Estampa Dixital) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).

-Sábado 18, 20:30. Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro). MÚSICA: Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto.

-Venres 24, 20:30. Centro Sociocultural-Auditorio, Salón de Actos (1ºandar). LIBROS: Presentación de Luís Seoane-Isaac Díaz Pardo. Cartas (1956-1979), a cargo de Xosé Luís Axeitos (editor literario e Académico da RAG), Valentín García (Secretario Xeral de Lingua), Xosé Díaz (Deseñador e Académico da AGBA) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).

-Sábado 25, 20:30. Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro). TEATRO: Dúo Vaguedades, por Artefeito producións. Proposta ao abeiro da Rede Cultural 2024.

-Venres 31, 20:30. Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro). LIBROS: Presentación do libro Os mortos que amei, de Iria Collazo (Editorial Galaxia). Coa participación de Antón Riveiro Coello (novelista e membro de Barbantia), María Xesús Blanco (Presidenta de Barbantia) e Marcos Calveiro (Editorial Galaxia). Intervención artística a cargo do escultor Camilo Seira. Introdución e peche musical a cargo de Leo Sánchez Figueiro (piano) da Escola de Música de Rianxo.

FEBREIRO

-Sábado 1, 12:00. Busto de Castelao (Paseo da Ribeira). ACTO INSTITUCIONAL: Ofrenda Floral. Intervención de autoridades e acompañamento musical a cargo do grupo Fogo Fatuo.

info@fundacioncastelao.gal
Rúa do Hórreo, 37, baixo, local 8.
15702 Santiago de Compostela
Aviso Legal
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
Dirección y diseño web: Pepe Barro
Edición web: estudiocaravana