Paula Aramburu (Rosario, Arxentina) visitou por primeira vez Galiza estes dïas.
Ela é sobriña neta de Castelao, bisneta de Francisco Castelao Genme, tío materno de Castelao, que emigrou co pai deste a Arxentina en 1886.
Nesta súa primeira vez na terra dos seus devanceiros, quixemos acompañala a Rianxo, estivemos con ela na exposición do Gaiás "Castelao. Mirar por Galicia" e xuntos, visitamos a tumba da nosa figura máis insigne en Bonaval.
Está sendo un fermoso Ano Castelao 🤍🩵
[ A difusión (e/ou participación) desta actividade por parte da Fundación Castelao conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña ]