Presentación do libro “Castelao. Construtor da nación (Tomo I, 1886-1930)”
O Consorcio da Cidade de Santiago e a Editorial Galaxia presentan o libro "Castelao. Construtor da nación (Tomo I, 1886-1930)", primeiro tomo da monumental biografía de Castelao asinada por Miguel Anxo Seixas.
Comprácenos convidarvos á presentación, que terá lugar o vindeiro 6 de xuño, ás 19:30 horas, no salón de actos do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.