Presentación do libro “Castelao. Construtor da nación (Tomo I, 1886-1930)”
O Concello de Rianxo, a Fundación Castelao e a Editorial Galaxia presentarán a obra "Castelao. Construtor da nación (Tomo I, 1886-1930)", primeiro tomo da monumental biografía de Castelao asinada por Miguel Anxo Seixas.
A presentación terá lugar o vindeiro 7 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Rianxo.