Política, economía e arte no curso de verán da Fundación e da USC

Política, economía e arte no curso de verán da Fundación e da USC

A Fundación Castelao organiza xunto coa Universidade de Santiago de Compostela un curso de verán sobre a figura de Castelo. O curso, que está dirixido polo presidente da Fundación, Carlos Mella Villar, desenvolverase durante catro días no auditorio do Pazo de Martelo e no Centro de Estudos Castelao, en Rianxo.

O curso leva por título 'En torno a Castelao' e comeza o 28 de xullo cunha xornada adicada á faceta política de Castelao, que finalizará cun roteiro polos lugares más importantes na vida de Castelao en Rianxo. A visión que o polifacético persoeiro ten do home galego e do mundo da muller son os temas cos que se abre a segunda xornada, que tamén inclúe una mesa redonda sobre os retratos de negros de Castelao e que finaliza cun roteiro pola ría.

A terceira xornada está centrada máis artística de Castelao, incluíndo sendas visitas ós museos de Dieste e Manuel Antonio. A clausura, que será o 31 de xullo, correrá a cargo do director do curso e presidente da Fundación, Carlos Mella, que falará da visión económica de Castelao.

O programa completo deste curso de verán pode consultarse aquí, e toda a información sobre a matrículo, aquí.