“O souto dos gatos”, Miguel Anxo Seixas Seoane

Dentro da actividade Pezas do Mes da Fundación Otero Pedrayo, Miguel Anxo Seixas Seoane, Secretario da Fundación Castelao, falará sobre o cadro de Castelao que vimos chamando "O souto dos gatos", agasallado a Otero con motivo do encontro entre ambos en Buenos Aires, en 1947.

O acto celebrarase no Liceo de Ourense ás 13 horas dun sábado, e posteriormente a exhibición da peza ao longo do mes, na Biblioteca do Pazo Museo.

 

Pica no enlace para ver o cartel da presentación:

cartel peza mes xaneiro 2019