Mostra “CASTELAO MAXISTRAL”. A derradeira leición do mestre.

A MOSTRA “CASTELAO MAXISTRAL” TRAE POR PRIMEIRA VEZ A GALICIA “A DERRADEIRA LEICIÓN DO MESTRE”.

A derradeira leición do mestre, obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao considerada o “Guernica galego”, representa, con os seus máis de dous metros de altura, o eixo central da exposición Castelao Maxistral, que se exhibirá no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, entre o 5 de outubro deste ano e o 3 de marzo de 2019, e que contra cun total de 92 pezas.

Comisariada por Miguel Anxo Seixas Seoane, esta exposición é posible grazas á cesión temporal desta obra icónica por parte do Centro Galicia de Buenos Aires, de onde nunca tiña saído. Hai que recordar que Castelao pintou na capital arxentina, no ano 1945, A derradeira leición do mestre, baseándose na estampa nº 6 do seu libro Galicia mártir, en homenaxe ao seu amigo e intelectual galeguista Alexandre Bóveda, asasinado en agosto de 1936.

Esta exposición, inédita e irrepetible, é tamén un recoñecemento á Galicia emigrante, aos milleiros de homes e mulleres que salvagardaron o legado patrimonial galego e continuaron a actividade cultural durante boa parte do século XX ata a actualidade.

 

Presentación da exposición Castelao Maxistral na Cidade da Cultura por parte do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o comisario da exposición e os presidentes das fundacións Castelao e Alexandre Bóveda, o pasado luns 10 de setembro.

Presentación da exposición Castelao Maxistral na Cidade da Cultura por parte do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o comisario da exposición e os presidentes das fundacións Castelao e Alexandre Bóveda, o pasado luns 10 de setembro.

IMG-20180911-WA0001